Actividades P.B.

PRA IREN  DESEMBOSCANDO ESTE XARDÍN…

PRIMEIRA XUNTANZA COLECTIVA DA OPERACIÓN BRABANTE

  Sábado 27 de outubro celebrouse no Ctro. Cívico de Teis a xuntanza fundacional do Proxecto Brabante, nun ambiente de cordialidade e nutrida asistencia. Na orde do día, a explicación das nosas teorías sobor do Xardín das Delicias e a presentación do Proxecto que nos ha levar a `s-Hertogenbosch no ano `16. O máis importante do acto foi que tivemos ocasión de relacionarnos directamente entre (casi) todos os colaboradores e amigos implicados na operación Brabante.

actividades

 Xa se falou dunha próxima quedada,  e ésta será en canto se poida comunicar con claridade e detalladamente os novos resultados e obxetivos do proceso en marcha. Por parte, tamén haberá novo profundamento en certos pontos do Xardín, e alguha solpresa …en clave de sol!

—————————————————————————————————–

…NAS VOSAS MANS! :

 Presentación do Proxecto Brabante o 27 do 10 de 2012

—————————————————————————————————–

Quedades convidados:

Clic na imaxe para ver o mapa de localización.

—————————————————————————————————–

A partir do 15/9 publicarase neste blog:

DE MECHANICA MVNDI

DMM. Unha lectura escatocosmolóxica de O Xardín das Delicias de Hieronymus Bosch.

As achegas, presentadas como capítulos correlativos e numerados,  faranse    mensualmente  e serán por unhas doce. Logo, a publicación completa, durará un ano.

—————————————————————————————————–

Próximas actividades.

Para millorar o  coñecemento xeral entre os colaboradores (e outros posibles interesados), entorno á temática de O xardín das delicias, e encol do mesmo PROXECTO BRABANTE, propúxoseme convocar unha reunión con todos. Pareceume unha boa idea porque amais de divulgar a materia que se defende, podería  derivar nun acto de reforzamento das actividades en curso e de maior motivación cara a meta do ’16.

Sería interesante aproveitar a ocasión para  debater  colectivamente as próximas accións e, de vez, propor novas iniciativas.

                            Data: 27/10/12       hora:  ás  19       Lugar: C. Cívico de Teis

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s