Proxecto Brabante ’16

Presentación

LUIS SANCHEZ PENA, para todos:

Como sabedes ben, van moitos anos que estou a facer un traballo de investigación en solitario  sobre a obra do Bosco, e que as miñas pescudas están centradas principalmente no XARDIN DAS DELICIAS. Xa teño avanzado moito e xa amoreei material abondo para considerar que é chegado o momento de dalo a coñecer a todos, propios e estranos. Para este fin poño en marcha a operación Brabante `16 que ten como obxetivo aquelar tódolos aspectos da proposta comunicativa, é dicer, a presentación dos resultados nos ámbitos propios da especialidade e tamén publicamente. A data límite para este proceso de preparación póñoa a finais de 2014. O motivo é que no ano 16, co gallo do pasamento, hai cinco séculos, do pintor, haberá eventos capitais na súa honra en ´s-Hertogenbosch (vila natal), Holanda. Entre outros, unha exposición universal da obra bosquiana espallada polo mundo á que deben acompañar os preceptivos congresos e/ou ciclos temáticos. Por tanto, debo estar alí con todo o que teño e sei do asunto. Agora ou nunca. Esta é unha ocasión única para min. É importante porque esta data vai marcar un punto de inflexión na matéria; será o auténtico comenzo da “Boscoloxía”. Tal me propoño.

Como penso que tamén xa sabedes, os meus aportes á hermenéutica bosquiana son relevantes, por orixinais, novidosos e mesmo sorprendentes. Sobre todo acertados, coido. Practicamente podo explicar a complexidade   ideolóxica e  as motivación que sustentan o programa iconolóxico  e o “programa oculto” desta curiosa obra, magna e única. Cando menos, non ten dúbida, ofrezo unha hipótese de lectura ampla, coherente e verosímil, como non a hai ainda. Mágoa que non se dispoña de repaldo documental que acredite as miñas teorías. Pero esta é unha característica da Boscoloxía, que apenas hai outras fontes dereitas de información, fóra dos mesmos cadros.

As miñas teses, tentan abranguer os aspetos ideolóxicos, teóricos e programáticos que compendia o Xardín. Esto teñoo expresado practicamente no texto rexistrado como DE MECHANICA MVNDI- que algúns tedes e xa coñecedes-, malia non ser aínda unha version completa.

Outro aspecto moi importante do PROXECTO BRABANTE ten que ver contigo -con todos vós-, e inclúe tamén a todos os que queiran participar activamente, no grao que cadaquén decida, libre e vontariamente. O obxectivo deste apartado é formar un equipo que puxe na única dirección: `s-Hertogenbosch `16. A idea é que cadaquén participe no asunto, no nivel que corresponda, e non necesariamente no estudo nin nas tarefas de documentación, revisión e publicación, técnicas etc., senón, incluso, con axudas de orde persoal, cooperando coas  necesidades materiais, loxísticas etc., ou no rol abstrato do mero apoio moral  …actitude empática imprescindible diante das vicisitudes insolubles que xurdirán no curso desta andaina. O resultado será de merecemento colectivo e causa de honra para todos; convencido como estou do éxito da empresa. Concretamente que ninguén se preocupe polo diñeiro ou por realizar esforzos imposibles, non é iso. Por certo, o tema pecuniário tratarase de solventar via “micro-mecenado” por internet (crowdfunding).

A efectos de comunicación colectiva, decidín crear este blog, “El Jardín Emboscado”, para difundir as novidades do PROXECTO BRABANTE segundo veñan. Conto con Brais Koecklin para o soporte técnico. E, por certo, Ramón Trigo brindouse para facer o deseño gráfico (a complimentar próximamente). Xa existe o sitio, polo que  a partir de agora podedes coller o hábito de picar a cada pouco pra ver qué pasa. Tódolos vontarios-obrigatorios, e mais outros que pasaren por aquí, recibirán periodicamente  email con chamadas ó blog (e links) pra coñecer as últimas noticias do proceso. Naturalmente, previa conformidade. O millor para seguilo é resistrarse. En principio, o proceso evolutivo da operación Brabante`16 será aberto, público, mediante o blog, que se converterá no lugar de referencia para tódolos colaboradores e estudosos. Ademais, pode que nas buscas aleatorias na rede acudan persoas interesantes que apoien a iniciativa e mesmo contribúan na investigación. Sequera poderían verter comentarios de importancia. En calquera caso estará ben ter siareiros… Non hai límite de aforo no Proxecto, ao contrario.

Gastos, infraestruturas e loxísticas á parte, o principal será a elaboración completa do material da proposta esexética, tarefa que abrangue estes pasos necesarios: seleción do obxectivo (texto concreto e demais materia e documentación a presentar); compilación; redacción e desenvolvemento; correccións; consultas a especialistas temáticos; consideración das críticas e aportes; edición definitiva do texto e bocetos. Despois, tradución a varios idiomas. A seguinte fase xa se caracteriza por ser de comunicación dirixida: ós eruditos historiadores da arte; iconólogos; especialistas bosquianos; membros de institucións (fundacións, museos, Universidade). Neste último pulo xa será obxectivo estratéxico  (o máis importante) lograr a praza propia nos eventos do `16 en Holanda.

A complexidade do proceso é grande xa que haberá que contactar e traballar con moita xente; porque amais dos técnicos que participen no desenvolvemento material, están os expertos nas distintas disciplinas implicadas no Xardín: astronomía, iconoloxía, relixión, historia etc. etc.; e Boscoloxía en xeral.   Estes especialistas poden non estar perto, accesibles ou dispoñibles, o que posiblemente faga custosa esta fase do PROXECTO.

Por diante, penso, queda un traballo ímprobo. Un ano e medio de dedicación cotiá e en precario (por falla de tempo, e as condicións pouco axeitadas coñecidas). Pero tratarei de superalo con bo ánimo e empeño, e auxiliado polo voso alento & talento, espero.

Toda esta formulación do proxecto, desta maneira… Por qué? É que non hai outro camiño máis dereito e doado?  As miñas circunstancias persoais -non estou dentro dos “circuítos académicos”, institucionais etc.-, entorpecen e, seguramente, dificultarán inicialmente o acceso á luz plena da publicación.  No obstante, dado que o tema merece ser mundialmente coñecido pola súa magnitude (tanto na orde artística coma pola súa transcendencia cultural), confío nos resultados a medio-longo prazo.

En todo caso, este é o momento de facer todo o posible; sería mágoa deixa-lo Xardín a paxaros… E repito que me gustaría contar ca vosa axuda, dando cada un a cheda no que poida, queira ou saiba. Talvez o único xeito de facer real o que debe ser o fin último: poder seguir profundizando nos estudos desta obra admiráble, prodixiosa e excepcional, nas mellores condicións.

De tódolos xeitos, e de antemán, agradézovos a atención que tivestes moitas veces ó longo dos anos, escoitándome, aportando datos ou ideas e mesmo participando na execución técnica e práctica dos formatos e manuscritos. Grazas a todos, especialmente a Xose, Nena e Brais, por tantos intres de atención.   

Por favor, estade atentos ós informes deste Blog.

UNHA APERTA FORTE PARA TODOS.

 

Anuncios

2 pensamientos en “Proxecto Brabante ’16

  1. Pingback: A partir del 15/9 se publicará: D E M E C H A N I C A M V N D I | El Jardín Emboscado

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s